LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega organizou unha serie de actividades para achegar ao alumnado a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas 2026.
A través de xogos, enigmas, investigacións e dinámicas adaptadas a cada nivel educativo, o alumnado descubriu aspectos da súa vida, da súa obra e do seu compromiso coa lingua galega e coa igualdade. Deste xeito, puideron coñecer mellor unha das voces máis destacadas da cultura galega contemporánea, ao tempo que desenvolveron a curiosidade, a reflexión e o gusto pola nosa lingua.
.jpeg)
Comentarios