9 DE MAIO

 

Celebramos o Día de Europa. 

Tal e como vimos facendo este curso, o Equipo Dinamizando e Normalizando a Convivencia distribuíu entre os diversos grupos as conmemoracións que se suceden ó longo do curso. 

Nesta ocasión chegamos ó Día de Europa, que se celebra cada 9 de maio

Os encargados de realizar o mural foron os rapaces e rapazas de 2º curso de Primaria

E por que traemos aquí este cartel? Pois porque o que semella un debuxo máis ou menos perfecto... non deixa de ser unha tarefa ALFIN desenvolvida pola cativada con sinxeleza e efectividade

Que tal se poñemos o zoom para comprobalo?





Parabéns!


Comentarios