QUE ORGULLO!
Iniciativa e interese, claves para aprender.
O alumnado de 5 anos está a traballar sobre os seres máxicos dos bosques. Están tomándoo con tanto interese que, de súpeto, descubrimos na aula do grupo B uns materiais elaborados por eles mesmos: un herbario des especies confeccionado por Ariadna coa axuda da súa avoa.
Tamén apareceu pola aula un fósil que foi analizado con moitísima atención pola cativada.
Como non estar orgullosos deles e do seu entusiasmo?
Comentarios