ALFIN EN 5º DE PRIMARIA
Investigando sobre a Internet e a wifi.
As dúas aulas de 5º de Primaria están enfrascadas nun traballo conxunto en torno á Internet e á Wifi. Unha tarefa ben interesante e competencial que segue estes pasos:
1. Busca de información. A partir dunha magnífica webgrafía seleccionada e unhas fichas de traballo elaboradas polas titoras, a rapazada, por parellas, ten que localizar a información precisa para preparar a súa parte.
2. Tratamento da información. Coa información obtida, cada parella debe elaborar un guión nos seus ordenadores e-dixgal de cara a expola nun vídeo.
3. Comunicación do coñecemento. Finalmente, coa aportación de todos, presentarán un vídeo no que exporán os resultados da súa investigación.
Pintaza! Desexando ver os resultados!
Comentarios