COMPARTINDO CON ALICIA BORRÁS

En Educación Infantil 3 anos. 

O pasado mércores tivemos na nosa escola unha visita fantástica. Estivo connosco Alicia Borrás, a autora do libro que teñen lido este curso os cativiños de 3 anos: O señor Corpo quere xogar.

Por mor da pandemia, non poidemos saltar coma outras veces, nen xuntarnos as dúas aulas. Pero non importou. Alicia, coa súa bondade e a súa maxia, estivo con todos nós: primeiro co grupo A na súa propia aula e logo na Biblioteca, cos de B. 



Quedamos encantados todos: Alicia cos cativos, os cativos con Alicia... e nós con todos eles!


Rematou a sesión coa firma dos libros dos peques. 


Grazas, Alicia, por compartir connosco o teu tempo, a túa positividade e o teu amor pola lectura. 

Comentarios