TAREFA REMATADA!
No Obradoiro de Costura.
O alumnado de 4º curso de Primaria está a traballar este curso con gran interese no Obradoiro de Costura. Despois de aprender a usar a máquina de coser comezaron a súa primeira tarefa: un neceser.
Están a saír do forno os primeiros, con magníficos resultados. Xa temos visto que moitos deles están a substituir os estoxos mercados nas librarías a principio de curso.
Parabéns, rapaces!
Comentarios