ENCONTRO CON HENRIQUE ALVARELLOS

Todo foron apertas.

O alumnado de 5 anos tivo a sorte de manter un encontro con Henrique Alvarellos o pasado día 19 de maio. Un encontro cheo de agarimo e apertas (físicas e emocionais) que tanto a rapazada coma o autor gozaron moitísimo. 

Xa os cativos viñan moi motivados, por ter traballado previamente a obra A nena que abrazaba as árbores. Tanto, que o recibimento na aula de 5 anos B foi a aperta espontánea de Leonardo, que, literalmente, se enganchou á perna de Henrique. 

Seica os rapaces, despois de escoitar o conto, fixeron moreas de preguntas. 


Logo tocou a quenda ós de 5 anos A, que acudiron á Biblioteca. 

Henrique non marchouu sen firmar os libros dos cativos e sen deixar unha fermosa pegada no noso Libro de visitas. 


Podedes ver máis imaxes deste encontro premendo na seguinte foto: 


Comentarios