APRENDENDO A INVESTIGAR
Na clase de TICS.
O alumnado de 6º curso de Primaria está aproveitando este curso non só para mellorar as súas habilidades tecnolóxicas, senón tamén para buscar información na internet, adaptala ás súas palabras e propósitos de cara a unha exposición oral e acompañala cunha presentación axeitada.
Nestas imaxes vémolos en pleno proceso de traballo.
Agora só quedan os resultados, que seguro que serán magníficos!
Comentarios