INICIACIÓN Á ROBÓTICA

Dende a biblioteca propuxéronse actividades de pensamento computacional, iniciación á robótica e resolución de problemas utilizando os robots BeeBots. A través do xogo, o alumnado aprende a:

- seguir secuencias

- orientarse no espazo

- programar pequenos percorridos

- resolver retos paso a paso

- traballar en equipo

- desenvolver a lóxica e a creatividade

Para facer esta experiencia máis motivadora, empregamos diferentes paneis temáticos:

Paneis de animais, nos que os nenos e nenas deben programar os BeeBots para chegar ao animal correcto.

O mundo do Mago de Oz, onde Dorothy e os seus amigos guían ao alumnado por camiños cheos de maxia, emocións e desafíos. O Espantallo busca ideas, o Home de Lata sentimentos e o León valentía… mentres os BeeBots percorren o camiño de lousas amarelas. 



Comentarios