24 de FEBREIRO
Día de Rosalía.
Mentres algúns grupos de alumnos rematan os seus traballos, presentámosvos o mural que, sobre Rosalía, teñen elaborado os rapaces de 1º e 2º de Primaria coa profe Pilar, que lles dá clase de galego.
Tamén queremos contarvos que, durante a saída que os nenos e nenas de 3º fixemos o venres á Biblioteca Juan Compañel, o Día de Rosalía estivo moi presente. Coñecimos que a Biblioteca recibía o nome do primeiro editor de Cantares Gallegos, a gran obra da poetisa. E, camiño do autobús, descubrimos na rúa Real o lugar exacto onde estaba a imprenta deste persoeiro.
Agora xa poden facer de guías das súas familias!
Comentarios