E PARA REMATAR O MES DA PAZ...
... estivo connosco o grande Anxo Moure!
Chegou ó cole montado na súa bicicleta, co temporal que facía, directamente dende Chantada. E estivo con todo o alumnado (agás os de 3 anos), cunha xenerosidade e un agarimo enormes, falándonos de landras, carballos, bosques, xacias... Facéndonos participar dos seus contos e historias.
Tamén houbo un intre para asinar os libros dos rapaces de 1º e 2º (Caramulo e a carpinteira dos soños e A xacia Luviñas) e para deixar constancia do seu paso pola nosa escola no libro de sinaturas da Biblioteca:
Deixamosvos aquí cunhas fermosas imaxes do que temos vivido co noso amigo Anxo (premede na imaxe para acceder ó álbum):
Grazas, Anxo, por nos aprender a amar a natureza!
Comentarios