UN MARABILLOSO HERBARIO...
... recompilado polo alumnado de 5 anos e as súas familias.
Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 5 anos e as súas familias estiveron recabando información para elaborar un herbario. A imaxe que vedes como inicio de post é o mural que foron completando coas diversas achegas, e que agora loce no corridor de Infantil.
Como remate da súa investigación teñen elaborado un magnífico documento: este marabilloso herbario do que, sen dúbida, aprenderemos moitísimo.
Magnífico traballo, profe e rapaces!
Comentarios