PULSEIRAS DE COR DOURADA...
... para festexar o Día do Cancro Infantil.
O pasado venres día 15 de febreiro celebrouse o Día Internacional do Cancro Infantil. Unha data que quixemos tratar con seriedade e agarimo, para demostrar que queremos apoiar a todos os rapaces e rapazas que están enfermos, e tamén ás súas familias. Para iso, sumámonos á convocatoria de Asanog, que nos enviou o Manifesto do día.
Xa antes do recreo, a rapazada atou as pulseiras ó pulso.
Ó rematar este, situámonos en medio círculo no patio cuberto de Educación Infantil. Alí, unha compañeira de 5º de Primaria leu o Manifesto, que todos escoitamos cunha seriedade digna de eloxio.
O acto rematou cantando con entusiasmo Seguiremos, a canción de Macaco adicada ós rapaces e rapazas que padecen esta enfermidade.
Pero non todo finalizou no patio. Logo, nas aulas, querendo reflectir que todos somos necesarios, e que todos podemos colaborar, desatamos as pulseiras e trenzamos uns beizos dourados, para simbolizar o noso compromiso con Bicos de Papel, entidade á que lles temos adicado a nosa aula de Psicomotricidade.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum do día:
Comentarios