MAXIA EN 4 ANOS A
Teatro de sombras!
Nas aulas de 4 anos estamos a traballar sobre os personaxes mitolóxicos dos bosques. Por tal motivo, Aldán e os seus pais achegáronse á escola cun conto no que os protagonistas eran unha nai, o seu fillo e un trasno que roubaba as galletas ó cativo.
O conto causou gran expectación, xa que estaba contado cun teatrillo de sombras creado na casa. Así que toda a rapazada sentiu curiosidade e quixo probar.
Grazas, familia! Canto gozamos coa vosa visita!
Comentarios