INVESTIGANDO NA DESPENSA
En busca do aceite de palma.
Durante o mes de xaneiro estivemos desenvolvendo unha labor de sensibilización en relación con feitos que atentan gravemente contra a Natureza. Un destes é a desaparición dos bosques tropicais para incrementar as plantacións de aceite de palma (ver post).
A partir desta campaña de sensibilización pedimos á rapazada que lera os ingredientes dos produtos que consumimos, en busca do aceite de palma. E a resposta dos meniños e meniños foi entusiasta, en todos os niveis.
Deixámosvos aquí as imaxes do momento en que os cativos de 5 anos colocan os seus achádegos no mural situado ó carón da Biblioteca.
Fantástica tarefa, rapaces!
Comentarios