BAUTISMO BIBLIOTECARIO
Do alumnado de 3 anos B.
Esta semana asistimos a un evento marabilloso: os nenos e nenas de 3 anos B achegáronse, por primeira vez, á Biblioteca, da man da profe Patricia. Aprenderon a dicir esa palabra tan rara, buscaron pegadas de dinosaurios na alfombra, bicaron á mesmísima Maga Tomasa, e desenvolveron a creatividade lendo un magnífico libro de imaxes: Oh!
Ah! E tamén quedaron fascinados coa bola do mundo que ten luz!
Volvede axiña, rapaces!
Comentarios