RECIBIMOS A VISITA DE ÁNGELES ESCRIBANO
A mestra contacontos.
O pasado día 8 de febreiro recibimos na Biblioteca unha visita moi especial: nada máis e nada menos que a Ángeles Escribano.
Por si non o sabedes, Ángeles foi mestra. Para máis señas, mestra bibliotecaria, teatreira e amiga de escritores e poetas. E agora que está xubilada adica o seu tempo ó seu neto e ós seus contos. E cos contos leva percorridos xa moitas escolas de Vigo, de Galicia, de Madrid e de Huesca.
Nós, que queremos moito a Ángeles e temos compartido cafés bibliotecarios con ela, estamos encantados de que se teña acordado da nosa biblioteca para ofrecernos o seu arte.
O espectáculo comezou supervisando as invitacións: os espectadores (os rapaces de 5 anos e de 1º de Primaria) chegaron con elas na man, e tiveron que escanealas co "lector de código de barras".
Logo, Ángeles presentounos ó seu acompañante: Igor.
Ambos os dous trouxéronnos un espectáculo cheo de sorpresas e cambios de vestiario.
E as críticas dos expertos (os cativos) foron espectaculares: gustoulles todo. Pero destacaron tres puntos: a cuncha da Sirenita, a frauta do Frautista de Hamelin e a cadeira pequena dos Tres Osiños.
Premendo na seguinte imaxe poderedes ver un montón de fotografías da sesión:
E para rematar, houbo hasta un experimento que parecía pura maxia!
Grazas, Ángeles, pola túa xenerosidade! Agardámoste de novo!
Comentarios