OS DE 3º COÑECEN A BIBLIOTECA
Visitamos a Juan Compañel.
O pasado venres, os nenos e nenas de 3º curso de Primaria visitaron a Biblioteca Juan Compañel.
Recibiunos Lidia na Sala de Audiovisuais, onde nos explicou que na Biblioteca existen libros escritos en moitos idiomas. Incluso en braille.
Despois dunhas nocións respecto ós tejuelos iniciamos un paseo polas instalacións do edificio: a Sala de Lectura de Prensa Diaria, a Sala de Estudio, a Sala de Préstamos para adultos e a Hemeroteca (onde podemos acudir a facer o carnet).
De camiño, parámonos diante dun moble onde, hai anos, se custodiaba o catálogo. Hoxe consultámolo no ordenador.
Finalmente, recalamos no soto, onde se ubica a Biblioteca Infantil. Alí visitamos os distintos espazos: a zona informática, a consulta do catálogo, os ordenadores para o autoempréstito, a comiteca, a zona de estudio, a pequeteca, e a sala de obradoiros.
Alí quedamos curioseando un tesouro de libros. E mentres, en grupos, buscamos distintos documentos nos andeis.
A competición foi moi reñida, e quedou do seguinte xeito:
- Os campeóns
- Los aventureros
- Masa gorda
- Pariss
Despedímonos de Lidia. Pero, de camiño ó autobús, coñecimos varios puntos senlleiros da nosa cidade:
- o antigo Concello e as prazas da Princesa e da Constitución;
- saudamos a Carmela e Sandra en Libros para soñar;
- fotografámonos diante da Colexiata;
- coñecimos a casa máis antiga da cidade, construída hai 660 anos;
- soubemos que algunhas rúas tiñan nomes de oficios, coma a Rúa Cesteiros;
- descubrimos o edificio onde estaba a imprenta de Juan Compañel, na que se imprimiu o libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
- E, finalmente, chegamos ó Berbés, onde hai un século había unha praia e chegaba o mar.
Como vedes, un día moi aproveitado. Revivídeo connosco premendo na seguinte imaxe, para acceder ó álbum.
Comentarios