A BORDO DUNHA NAO
Coa rapazada de 6º de Primaria.
Os rapaces e rapazas de 6º de Primaria desenvolveron a súa investigación, integramente, durante o confinamento. Empregando medios dixitais, e a través das propostas que a súa mestra facía na Aula Virtual, artellaron un traballo marabilloso.
Como novos cronistas (a imitación de Pigafetta) conseguiron darnos unha idea moi aproximada de como era a vida a bordo dunha nao, facéndonos sentir parte da expedición que tardou tres anos en circunvalar o Planeta.
Parabéns, rapaces!
Comentarios