CIRCUNVALANDO O MUNDO...
... en 3 anos A.
Como se fose Pigafetta, a profe Rosa achéganos a crónica do traballado durante o primeiro e o segundo trimestre polo alumnado de 3 anos A en torno ó noso PDI Primus circumdedisti me.
Comezamos visualizando distintos aspectos do noso proxecto.
Os cativos entusiasmáronse, e embarcáronse nunha intrépida aventura, emulando a Magallanes e Elcano.
Xa na viaxe de volta, sentiron curiosidade polo último continente que visitou Elcano coa súa nao Victoria: África. De aí que decidísemos investigar sobre os animais desas terras, e nomearnos A clase dos leóns.
Pero tamén descubrimos que en África existiu unha cultura moi antiga, polo que decidimos afondar no coñecemento de Exipto.
Parabéns, rapaces! Que de cousas tedes aprendido!
Comentarios