FACENDO DE ARQUEÓLOGOS...
... en 3 anos B.
A crise sanitaria rompeu o ritmo de todos. Incluso o ritmo de publicación no noso blog. Por iso, agora que toca recompilar información para facer a nosa Memoria... aparecen imaxes inéditas, como estas dos rapaces de 3 anos B.
Os máis cativos do cole estiveron a investigar sobre África. Antes da crise centráronse en Exipto. E aquí os vedes pintando os seus sarcófagos.
Que profesionais semellan, nonsi?
Comentarios