VISÍTANOS A FAMILIA DE HÉCTOR


Para nos contar unha lenda sobre o millo. 

A Maga Tomasa, que é moi sabia, vense de enterar de que, mañá, está de aniversario o noso amigo Héctor, da clase de 5 anos B. E aínda que ten un montón de tarefa atrasada... decidiu agasallalo dun xeito especial: publicando esta nova que tiña gardada sobre a visita da súa mamá á escola. 

Pois si. A última familia en vir á aula para presentar unha actividade relacionada co noso PDI foi a de Héctor. Isto ocorreu antes desta situación tan extraña que estamos a vivir todos. E nesa ocasión a súa nai contounos unha lenda mexicana relacionada co millo. Porque o millo... veu de América!




Logo de nos contar a historia creamos o noso propio imán con forma de mazaroca. 



Ademais tamén puidemos experimentar o olor de diferentes tipos de especias e gardar nun petiño do imán o nome destas e outras moitas. 




Moitas grazas, familia, por facernos vivir cousas tan interesantes!

E Héctor... aínda que non poidamos celebralo contigo... toda a aula lémbrase de ti e deséxate... FELIZ CUMPREANOS!



Parabéns!

Comentarios