A PALABRA MÁIS FERMOSA



A nosa proposta para o Día das Letras.

Na nosa escola, o Día das Letras adoita ser festa grande: publicación da Revista das Letras Galegas, exaltación do intelectual homenaxado, festival para toda a Comunidade Educativa... Lamentablemente, este ano non poderemos celebralo desta forma.

E, sen embargo, non imos deixar de festexar este día tan noso. Farémolo dun xeito máis cativo, máis familiar, quizais máis entrañable. E farémolo sendo as familias as auténticas protagonistas. 

Este ano o homenaxado é Ricardo Carvalho Calero, que foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Tendo en conta que se tratou dun gran defensor da nosa riqueza lingüística queremos que colaboredes connosco na creación dun Dicionario que titularemos As palabras máis fermosas

1. En que consiste a actividade?

Cada familia deberá elixir a súa palabra galega favorita. Nun formato similar ó que se mostra na imaxe que encabeza este post, deberedes incluir
  • unha imaxe ou un debuxo que a poida representar
  • describir o tipo de palabra 
  • escribir un sinónimo ou unha sinxela definición
Para facilitar a vosa tarefa podedes descargar este arquivo en formato power - point. Pero se preferides podedes traballar en papel e enviar unha fotografía ou unha copia escaneada. 

2. Envíanos a túa palabra favorita 

Cando teñades rematada a actividade podedes enviala a: 

biblionavia@gmail.com

indicando como asunto: A palabra máis fermosa.

Grazas por colaborar connosco. 

Comentarios