NAS ILLAS MARIANAS...
... investigamos a Fosa das Marianas.
Na súa Andaina polo mundo, a rapazada de 5 anos fixo unha nova parada durante o confinamento. Seguindo a viaxe de Magallanes e Elcano chegou ata as Illas Marianas. E alí descubriron un gran segredo. O punto máis fondo da Terra: a Fosa das Marianas.
Dende a casa fixeron tres traballos:
1. Investigaron os animais que habitan nesas profundidades. Tras recabar información escribiron un listado con dez animais que se poden atopar alí. (Premede na imaxe para ver máis fotos).
2. Crearon uns fermosos fondos mariños. (Premede na imaxe para ver máis fotos).
3. Construíron o seu propio submarino para afondar nese abismo. (Premede na imaxe para ver máis fotos).
Comentarios