OS FAROS



A historia dun proxecto en imaxes.

A rapazada de 1º curso de Primaria estaba enfrascadísima investigando sobre os faros cando chegou o 13 de marzo. 

Os faros son elementos moi importantes para axudar na navegación. Mágoa que Magallanes e Elcano descubrisen terras inexploradas e non puidessen contar con esta inestimable axuda. Pero... os intrépidos navegantes de 1º queren repitir a fazaña de dar a volta ó mundo... iso si: coñecendo os faros que marcan a ruta!

1. O primeiro é establecer o tema, e eles tíñanno claro: 




2. Unha vez decidido, a cuestión é facerse preguntas para resolver cuestións que nos inquietan. Aquí temos algunha delas. 



3. E para atopar respostas non hai nada como investigar



4. Reflectimos a información que obtemos a través de diversos medios: en papel envellecido, elaborando maquetas de plastilina, debuxando mapas murais da Volta ó Mundo...




... e construíndo os nosos propios faros con material de refugallo: 




5. E tan entusiasmados estabamos co noso proxecto... que ata nos disfrazamos de faros e instrumentos de navegación!


6. E de súpeto... chegou o 13 de marzo! Pero... non por iso deixamos de investigar! Agora, a profe proponnos a tarefa na Aula Virtual: 



E, tamén seguimos creando e compartindo os nosos traballos a través de fotos que os nosos papás achegan por correo electrónico. 



Probablemente non poderemos pegar a información no mural que tiñamos feito na clase... pero seguro que o noso proxecto quedará precioso, E que aprenderemos moito!

Parabéns, rapazada! Seguide así!











Comentarios