BAUTISMO RADIOFÓNICO

 


Co alumnado de 4º de Primaria. 

O pasado 27 de xaneiro foi un día cargado de emocións para o alumnado de 4º de Primaria. Inaugurou as instalacións da nosa radio escolar, e foi o primeiro en escoitar as súas propias voces. 

Os cativos levaban xa días preparando os seus traballos sobre a prensa para ler nesta primeira intervención. 

Pero, antes de acudir ó estudio, estiveron na aula con Luis Losada, de Radio Espora, coñecendo todos os segredos deste mundo no que se inician. 

En grupos de traballo foron baixando logo, distribuíndose os distintos roles. 

Este primeiro contacto resultou emocionante. Agora están coma tolos traballando coa escaleta e mellorando o seu programa, para, por fin, podelo difundir. 

Atentos!

Se premedes na seguinte imaxe, accederedes a distintos momentos desta sesión tan marabillosa. 




Comentarios