ROBÓTICA EN INFANTIL
Non só para xogar.
En Educación Infantil estamos comezando a traballar cos beebot, uns pequenos robots con forma de abella. Moitos cativos xa veñen moi motivados da casa, e coñecen perfectamente o manexo do robot. Pero o obxectivo da actividade non é coñecer os movementos da abella, senón traballar un montón de aspectos:
- a lateralidade
- a numeración
- a direccionalidade na lectura
- a iniciación á escritura
- o pensamento computacional
- a planificación
- o traballo cooperativo
- ...
Comezamos polo principio: por coñecer os movementos do bichiño: as frechas que o moven cara adiante e cara atrás, á dereita e á esquerda. E tamén o botón de inicio e o de "borrado".
Logo asignamos unha cor a cada movemento:
- azul: cara adiante
- amarelo: cara atrás
- verde: á dereita
- vermello: á esquerda
Antes de pensar movementos no taboleiro convertémonos en robots que camiñaban sobre unha cuadrícula pintada no chan:
- pulsando na barriga moviámonos cara adiante;
- na espalda, cara atrás;
- no ombreiro dereito, xirabamos á dereita;
- no ombreiro esquerdo, xirabamos á esquerda
E agora... imos contar!
Situados na casilla de inicio, cada rapaz tiña que levar o robot ata un número. Primeiro, cadro a cadro. Logo, facendo varios movementos seguidos.
Por último, temos que escribir na ficha colectiva a sucesión de botóns que temos que programar para acceder a cada número. Para iso aplicamos unha adaptación da estrutura de traballo cooperativo titulada lápis ó centro: un neno explica oralmente o que debe facer para que o robot se desprace ata un determinado número. Seguindo un orde rotatorio cada á dereita, o resto dos rapaces debe corroborar a proposta ou, en todo caso, emendala.
Cando cheguen a un acordo, o primeiro neno escribe a programación na ficha de traballo, empregando gomets.
Unha vez escrita, programa o beebot e comproba que a programación está ben feita.
Podedes acceder ó álbum de fotos premendo na seguinte imaxe:
Continuaremos informando!
Comentarios