PENSANDO COMA ESCORNABOTS

 


En 2º curso de Primaria. 

Despois do noso bautismo escornabótico cómpre seguir avanzando. Por iso retomamos o noso obradoiro de robótica co alumnado de 2º de Primaria

Nesta ocasión tratábase de pórse na pel do escornabot, para planificar os seus percorridos e movementos. Con isto traballamos: 
  • a lateralidade;
  • o razonamento espacial;
  • a planificación;
  • a representación gráfica do desprazamento
Comezamos repasando os movementos do robot. 

A continuación, enfrentámonos á nosa ficha:


Cada alumno pensou unha posible programación empregando o código de catro cores. Para iso pintou os cadros correspondentes ó exercicio 1. Logo, un a un, no taboleiro, comprobou o desprazamento do escornabot. E... sorpresa! O robot non se movera do sitio!

Os cativos, razoando, chegaron a dar a solución ó problema: se empregaban as catro cores nunca se moverían; deberían repetir algunha para poder avanzar. 

Aprendida esta lección volveron pensar un novo código para o número 2. Xa vos adiantamos que, nesta ocasión, os robots avanzaron, aínda que algún saiu do taboleiro. 

Pero o traballo foi moito máis rico: antes de premer os botóns, o rapaz en cuestión debía pensar onde pararía o escornabot. O resto dos compañeiros, comezando polo da dereita, debía manifestarse dacordo ou, polo contrario, dar unha resposta diferente. 



Tras comprobalo, nunha segunda ficha debuxaron o percorrido seguido polo robot. 



O comezo sinalámolo de cor verde, e o remate, de vermello. 


Cada vez fomos complicándoo un pouco máis, xa que, ó ir ó taboleiro, debiamos situar o escornabot no cadro no que finalizara a proposta anterior. E aí había que ter moi en conta a orientación. Non valía calquera posición. 

O traballo non era doado. Pero, despois das dificultades iniciais, os cativos solventaron o tema con solvencia. 


Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da actividade. 





Comentarios