ENTREVISTA VIRTUAL...
... cunha auténtica científica.
O martes 9 de febreiro, no marco da semana na que celebramos o Día da Nena e a Muller na Ciencia, unha boa parte do alumnado de Primaria tivo o privilexio de contactar cunha científica de verdade.
Por quendas, os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º conectaron con Irene López, unha científica especializada e neurociencia que traballa no laboratorio de Neuropsicofarmacología molecular da Universidade Complutense de Madrid.
A través de encontros virtuais a cativada asistiu a unha interesante exposición sobre ilusións ópticas e alucinacións visuais: todo froito da acción do noso cerebro.
Sen embargo, isto foi soamente parte das propostas feitas para esta data. Noutro post puxemos en valor o papel da muller na ciencia, tema que resultou sumamente interesante para a rapazada.
Moitas grazas, Irene, por permitirnos visualizar a todas as matildas da ciencia!
Comentarios