NOVA TAREFA NO OBRADOIRO DE COSTURA
Cosemos o noso estoxo.
O alumnado de 4º de Primaria segue entusiasmado co seu Obradoiro de Costura. Con moita ilusión mercaron os seus retais de tea e xa levan semanas dando forma ós seus estoxos, segundo as instrucións recollidas no seguinte titorial (premede na imaxe para acceder a elas).
Para nós tamén resulta moi gratificante observar o interese que poñen na súa laboura. Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder á colección de fotos.
Ánimo, rapaces!
Comentarios