VAI DE TRASNOS!
Na aula de 5 anos A.
Este que vedes na imaxe é o Trasno Antón que adorna a porta da aula. Pero este é o fin dunha historia que comezou hai unas semanas.
Os cativos empezaron investigando sobre os trasnos, eses seres máxicos que habitan nos bosques e nos gastan bromas pesadas para desordenar armarios ou cambiar cousas de lugar.
Comezamos a investigación cun vídeo sobre as casitas dos trasnos. Xa vedes que atentos estiveron os rapaces.
Pero resultou que tamén os trasnos actuaron nas casas, movendo durante a noite as cousas de lugar. Todas as familias enviaron comunicación sobre fenómenos extraños que sucederon nas vivendas: toallas dentro da bañeira, xoguetes espallados polos corredores, potas tiradas na cociña, cousas cambiadas de sitio...
Para rematar a semana, andaron coma tolos buscando trasnos pola escola adiante. Seica eles estiveron detrás do movemento da casiña do parque de xogos.
Por último, contámosvos a historia do Trasno Antón.
O avó de Enzo, que debuxa moi ben, fíxonos este trasno tan bonito que agora lidera a porta da aula (e este post) e o mural do bosque. Tanto un coma o outro foron pintados polos cativos, en grupos de convivencia e coa técnica de traballo cooperativo titulada "lápis ó centro".
Cando remataron, o avó de Enzo levou o bosque a casa e devolveuno cortado en forma de puzzle ó día seguinte. Así que agora temos na aula un novo elemento de xogo que, ademais, decora o noso recanto do proxecto.
Grazas pola vosa colaboración, familias!
Comentarios