ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA
Ambientando, recitando, investigando.
O pasado 24 de febreiro, como cada ano, celebramos o Día de Rosalía. Un día no que o alumnado tivo unha grande implicación en todos os niveis, traballándose múltiples destrezas. Neste post recollemos as actuacións desenvolvidas.
- Ver. O alumnado de 5º de Primaria foi o encargado de crear a carteleira que decora a entrada da nosa escola.
- Investigar e contar. O alumnado de 4º de Primaria investigou sobre Rosalía e deunos a coñecer todo a través dun programa de radio.
- Escoitar e pensar. Dende o Equipo de Biblioteca propuxemos a escoita dun poema musicado de Rosalía.
- Escribir. Na aula de 5 anos A traballaron a grafomotricidade creativa para decorar Negra Sombra.
- Decorar. Na aula de 4 anos A traballaron a atención, a coordinación viso-motriz e a aproximación á escritura cun puzzle - mural sobre Rosalía.
- Crear. Despois de se informar, o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou uns preciosos libros sobre Rosalía e pintou o seu retrato empregando a técnica de Andy Warhol.
Comentarios