ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


Sensibilizándonos, lendo, investigando e dando visibilidade á situación dos refuxiados. 

Este ano, en consonancia co noso PDI Fun polo aire, vin polo vento quixemos resaltar a problemática dos refuxiados. Este semella ser un tema recurrente que aparece e desaparece na prensa. E, sen embargo, como comprobamos grazas ás nosas investigacións, é tan antigo coma o home. Descubrimos que moitísimas persoas famosas en distintos ámbitos foron, tamén, refuxiados. 

O noso traballo durou todo o mes de xaneiro, e parte do de febreiro. Artellámolo deste xeito: 

1. Sensibilización

A través da lectura dun libro titulado Qué es un refugiado? e de distintos vídeos coñecimos que entendemos cando falamos de  refuxiados. Tamén descubrimos que os refuxiados máis vulnerables son os nenos, e que, a pesar de todo, tamén teñen soños que queren cumplir. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/01/o-que-non-se-ve-detras-dunha-cara.html

2. Lectura

Durante o mes de xaneiro, o alumnado bibliotecario de 6º de Primaria ofreceunos diferentes lecturas relacionadas con esta temática: 

3. Investigación

Dependendo do nivel, nos diferentes grupos de Primaria entregouse a biografía dun ou varios personaxes famosos que, no seu día, foron refuxiados. 

En 1º de Primaria traballamos con pictogramas. En 2º, con pequenos textos que os rapaces tiñan que ler, interpretar e ordenar nunha liña biográfica. 


A partir de 3º traballouse sobre biografías máis amplas que a rapazada debía ler, comprender, resumir e expoñer en versión reducida. 

4. Exposición

Os diferentes grupos expuxeron o que aprenderon diante das cámaras: 

1º A de Primaria: 


1º B de Primaria: 



Comentarios