APRENDENDO A CONVIVIR...
...na Biblioteca Escolar!
No horario da Biblioteca a última hora do xoves está reservada para un Obradoiro Cooperativo para a mellora das habilidades sociais que se desenvolve con alumnado de 6º curso de Primaria, e que coordina a nosa xefa do Departamento de Orientación.
Xa todos coñecemos que a Biblioteca Escolar é unha escola de convivencia e un viveiro de cidadanía. Pero descubrir semana a semana que os materiais lúdicos presentes entre os nosos fondos axudan nesta tarefa, sentir no ar o bo clima que se respira e ler nos ollos a satisfacción do alumnado... iso non ten prezo!
Grazas por esta satisfacción compartida, profe Montse!
Comentarios