XA TEMOS IMPRESORA...














... en 3D!

Despois de moita indecisión sobre que impresora mercar... por fin temos xa a nosa impresora 3D, noviña do trinque. Sobre ela podedes apreciar unha das pezas que, algún día, conseguiremos construir. 

Agora tocará aprender a usala... e pensar nalgunha tarefa para desenvolver os nosos proxectos. 

Xa vedes que a profe Sara ten moita curiosidade por esta nova ferramenta. E vós...?




Comentarios