DÍA DA POESÍA...
... na Biblioteca da Maga Tomasa.
Na nosa Biblioteca a poesía estivo moi presente todo este mes de marzo. Ata tal punto que, máis que falar de Día da Poesía, talvez tivésemos que falar de Mes da Poesía.
Comecemos co alumnado bibliotecario, que, nas Horas de Ler dos venres, contou historias en forma de pareado ou de poema:
- O gato maragato
- Dez dedos nas mans... e dez dedas nos pés
- Once damos atrevidas
- Dous poemas: Bicos - Os amigos
- Soños de algodón
Por outra banda, nesta celebración o alumnado de Educación Infantil tivo unha participación moi importante. En primeiro lugar, elaborando o fermosísimo mural que decora a nosa entrada.
Pero tamén mostrándonos o seu esforzo e o seu traballo en equipo, a través da gravación de diversos poemas:
- 3 anos A: O pingüín
- 3 anos B: O señor corpo quere xogar
- Aulas de 4 anos: Dez gatiñas viaxeiras
- 5 anos A: Paxariña de papel
- 5 anos B: Lúa
Un Día da Poesía familiar e virtual... pero igualmente, fermoso.
Comentarios