CELEBRAMOS O 8 DE MARZO...


... con Bea Campos!

Despois dun ano esperando por ela, e tras padecer varios aprazamentos por mor da pandemia... esta mañá achegouse onda nós... Bea Campos!

Coouse polas pantallas das nosas aulas, e tróuxonos, coma sempre, música, historias e ilusión. Contos fermosos contados coa frescura que a caracteriza e que tanto nos engancha. 

Para esta ocasión, Bea chegou acompañada de Manuel. E, entre o son da guitarra e as páxinas dos libros, contáronnos tres marabillosas historias para celebrar este 8 de marzo
  • Rosa Caramelo
  • Daniela Pirata
  • O libro dos Porcos
Premendo na seguinte imaxe poderedes ver o atentísimos que estabamos. 




















Queredes contarlle a Bea que vos pareceu o contacontos? Podedes facer algún comentario ó rematar o post. Seguro que lle encanta!

Comentarios