DUNI SAWADOGO

 


Unha muller exemplar. 

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Existen moitísimos casos de mulleres que ben merecen un titular. Esperamos descubrilas ó longo destes días. Pero lendo a prensa da semana pasada coñecimos a Duni Sawadogo, unha muller de Costa de Marfil. Preme na imaxe para acceder á nova. 

















Calquera muller de calquera continente merecería ese premio. Sen embargo, no caso de Sumi coinciden varios elementos a ter en conta: 

  • Sabías que, en África, as familias dan preferencia ós fillos varóns á hora de continuar os seus estudios?
  • Sabías que a muller africana adoita continuar baixo a autoridade do pai, do irmán ou do home aínda na súa vida adulta?
  • Sabías que, en África, a xente morre por enfermidades sen importancia porque os medicamentos se venden a prezos exhorbitantes?
Que tal se o pensamos e o falamos? Non credes que o premio de Duni ten o triple de valor?

Comentarios