DESPOIS DO CONTO...
... aprendemos a facer os nosos comentarios.
O venres pasado, durante a Hora de Ler, a rapazada de 2º de Primaria estivo atentísima ó conto que nos propuxo o alumnado de 5º B. Tales foron os seus eloxios que a Maga Tomasa propúxolles escribir os seus comentarios.
Mágoa que só tiñamos vinte minutos, porque todos querían escribir algo. Faremos quendas para continuar a vindeira semana con outras propostas de lectura. Pero... non é un xeito sinxelo e motivador para desenvolver a competencia dixital?
Comentarios