O 8 DE MARZO...

... resumido en seis verbos. 

Transcurrido este mes no que todavía resoan os ecos do Día da Muller Traballadora estamos xa en disposición de resumir todas as accións desenvolvidas na escola en torno a este día de tanta importancia para nós. E ímolo facer con cinco verbos que teñen por finalidade, unicamente, organizar a información. Mais sería unha simpleza resumir así tanto traballo tan ben feito. 

1. Motivar

Dende o agarimo, o afecto, e a palabra. Esta foi a tarefa de Bea Campos, que nos preparou unha sesión de contacontos virtual especialmente pensada para esta data. 


2. Decorar

O alumnado de 1º de Primaria foi o encargado de preparar o mural que decora a entrada da escola. Mais non se tratou só de decorar. Desenvolveron unha auténtica tarefa, segundo nos revelan no seu blog de ciclo: buscaron información individualmente e cubriron unha ficha técnica sobre a muller que lles tocou investigar; logo traballaron en grupo, e expuxeron oralmente ós seus compañeiros e compañeiras o que aprenderon. 


Finalmente, déronnos a coñecer as súas fichas técnicas no mural colectivo do vestíbulo


3. Recompilar

O Departamento de Orientación ofreceu a todo o profesorado unha selección de recursos para traballar neste día. 


4. Divulgar

Entusiasmados como están cos seus programas de radio, o alumnado de 4º de Primaria adicou un Conmemorativo a este día. 


5. Resaltar

Na mesma semana na que conmemoramos o Día da Muller Traballadora celébrase tamén a Semana da Prensa. Entre as novas atopadas coñecimos a figura de Duni Sawadogo, un exemplo para todas as mulleres, pero, sobre todo, para as mulleres africanas. Por iso, o Equipo de Biblioteca quixo compartir a súa historia para resaltar a importancia que a figura da muller ten nos países en vías de desenvolvemento. 


6. Reflexionar

Por último, sería un erro pola nosa banda non exprimir pedagoxicamente todos estes recursos. A reflexión sobre estes documentos é a que crea conciencia crítica e cidadá. Neste post recóllense algunhas das conversas mantidas con diverso alumnado en torno a estes materiais. 


Comentarios