ENTROIDO ROBÓTICO














En 4 anos A. 

Entre as actividades do Entroido os rapaces e rapazas de 4 anos A coñecemos curiosidades desta festa grazas á colaboración dunha nova amiga que chegou á nosa escola: Lupita Boot, que chegou para introducir máis motivación e xogo ás nosas aprendizaxes. 

Lupita Boot é un pequeno robot que nos permite involucrar ós máis cativos na competencia dixital, que agora é tan importante dentro dun ensino de calidade. 

Nesta ocasión, coa súa axuda, o grupo de 4 anos A descubriu ós personaxes máis característicos do Entroido galego. 

Despois de ler un conto moi especial (É tempo de Entroido) cada neno, por equipos, elixía unha personaxe. Logo, entre todos, buscaban a palabra asociada. 

Finalmente, colocamos todos os personaxes na plantilla, distribuídos en distintas casilas. Clicando nos botóns correspondentes, os cativos debían enviar a Lupita Boot xunto ó personaxe elixido. 

Con esta actividade afianzamos a direccionalidade, o conteo, a atención, a memoria e a aprendizaxe por ensaio - erro. 










Comentarios