8 de MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

Wangari Maathai: a muller árbore. 

Cando celebramos o Día da Paz sorprendeunos coñecer a figura dun xoven emprendedor alemán chamado Felix Fickbeiner, que, inspirándose na figura de Wangari Maathai, creou unha fundación chamada Plant for the Planet

Tendo en conta o noso PDI deste curso (RqueR) adicamos o Día da Muller Traballadora a esta muller extraordinaria que non só cambiou a fisonomía do seu continente, senón que tamén contribuiu a mellorar a vida de moitas mulleres africanas. 

Wangari naceu nun continente no que, aínda hoxe en día, ser muller é pouco máis que ser nada. En moitos casos, as nenas non poden nin acudir á escola. 

Sen embargo, hai algo máis de 50 anos, Wangari converteuse na primeira muller universitaria de África Central e Oriental, chegando a acadar o título de doutora. Podes ler a súa historia neste especial do diario El País

Atendendo á diversidade da nosa Comunidade Educativa temos seleccionado diferentes documentos para achegarnos a esta figura entrañable que nos arroupa e nos amanta coma a copa dunha árbore: 

No ano 2011, coincidindo co Ano Internacional dos Bosques, Wangari marchou para sempre. Deixounos un pouco máis sós. Pero o seu Movemento do Cinturón Verde segue a medrar. Greenpeace deixou constancia emocionada do seu pasamento. Podedes lelo neste enlace

Non cabe dúbida de que Wangari foi, sobre todo, unha muller inspiradora, desas que deixan pegada. E soubo reflectir todo o seu sentir nesta fermosísima metáfora: Seré un colibrí


Inspirémonos na súa figura para facer un mundo máis verde, máis feminino e máis humano. 

Imaxe: LAUREL MARYLAND. En Wikimedia Commons. CC BY SA


Comentarios