OBRADOIRO DE POP-UPS LUMINOSOS
En 1º A de Primaria.
O pasado 27 de febreiro foi un día moi aproveitado. Paola Guimeráns achegouse á aula de 1º A para impartir un obradoiro de pop-up coa rapazada.
Tratábase de aportar luz a unha casa de papel. Para iso, traballamos un montón de cousas:
- a motricidade fina: recortar, pegar, pintar...
- o gusto estético, na combinación de cores
- unha iniciación ás competencias tecnolóxicas, elaborando un sinxelo circuito con tira de cobre.
En resumo: aprendemos xogando e experimentando, con tan só papel, tesoiras, pinturas, adhesivo de cobre, unha bombilla led e unha pila de botón.
Sorprenderíanvos as conclusións tan certeiras que sacaban os cativos e o moito que saben.
Premendo nesta imaxe podedes acceder á colección de fotos deste día tan bonito que, sen dúbida, lembrarán sempre.
Agora, a replicar o obradoiro!
Comentarios