ENTROIDO


Espectáculo de cor e de nova normalidade. 

Por fin chegou o Entroido, e, despois de dous cursos, puidemos celebralo, case, case, rozando a normalidade, aínda que mantendo todavía toda a prudencia. 

Tantas ganas tiñamos de festa que comezamos moi cedo os preparativos, construíndo a nosa cabezuda Maga Tomasa e cosendo as súas roupas. 

Tamén creamos as nosas coplas, aínda que, a última hora, a Maga Tomasa fixo meigadas e quedaron minguadas. 

O Meco deunos as súas ordes, polo que, ó longo da semana, fomos cambiando de aspecto segundo nos ditaba. Foi ben divertido cando todos viñemos en pixama, ou o día en que levamos na cabeza fermosos tocados reciclados.


E aínda que as familias non puideron acompañarnos, improvisamos pequenos desfiles para vernos os uns ós outros. Coas gravacións organizamos este pequeno desfile virtual, para compartilo convosco.


E se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder ó álbum de fotos. 



Comentarios