CONTOS INCLUSIVOS

Caracol e caracola. 

Co alumnado de 6º A de Primaria comezamos unha nova experiencia: os Contos inclusivos

De que se trata? Existen na biblioteca un montón de libros que o alumnado de Educación Infantil e primeiro nivel de Primaria non son quen de ler de forma autónoma. Por que non aproveitar os medios tecnolóxicos (radio escolar, códigos QR) para facelos inclusivos? 


Grazas a Álvaro, Pablo e Iago temos aquí o primeiro audio que, a partir de agora, acompañará este documento. Só precisaredes un lector de códigos QR para escoitalo. 



Comentarios