CHARLA DE DANIEL NOVOA

 

Para profesorado e familias.

O pasado martes día 8 de marzo, segundo constaba na convocatoria presentada na páxina web da escola, estivo no colexio o prestixioso psicólogo Daniel Novoa, para falar sobre Castigos, premios e recompensas. 


Un nutrido grupo de familias e mestras acudimos a unha charla que se prolongou durante dúas horas e se caracterizou pola cercanía e a interacción co público presente. 


Gustounos tanto, que... queremos máis!


Comentarios