OBRADOIRO DE ROBÓTICA EN 1º
Hai xa un par de semanas, o alumnado de 1º curso de Primaria iniciou a súa participación neste obradoiro de Robótica organizado na Biblioteca.
Comezamos xogando sobre as baldosas do corridor, por parellas: un era o robot e o outro o programador. Así coñecimos os movementos básicos: adiante, atrás e xiro.
Logo desprazámonos pola cuadrícula ata chegar á "casilla do tesouro".
Xa estabamos en disposición de entrar na Biblioteca e traballar cos escornabots. Alí demos estes pasos:
- descubrimos que movemento facían os robots segundo o botón que premésemos;
- trasladamos o robot ata a casilla indicada pola mestra;
- cada un de nós intentou programar o robot para chegar a unha determinada casilla, pero seguindo un camiño diferente ó realizado polos seus compañeiros.
Podedes ver máis imaxes da sesión premendo na seguinte imaxe:
Na vindeira sesión... máis!
Comentarios