PREPARÁNDONOS PARA FACER UNHA ENTREVISTA


Investigar, pensar as nosas preguntas, pórnos en situación. 

Hai unhas semanas, o alumnado de 6º de Primaria tivo a sorte de participar nun obradoiro con Paola Guimeráns. A experiencia resultou tan gratificante que pensaron que se trataba dunha persoa moi interesante á que entrevistar na radio escolar. 

Así que... puxéronse mans á obra coa tarefa! 

Seguindo as instrucións deste titorial, e tras concertar a data do encontro, comezaron a investigar sobre a vida e o traballo de Paola. Xurdiron así un sinfín de curiosidades que cada aula puxo en común. A raíz diso elaborouse un primeiro documento para o que empregaron os procesadores de texto dos seus ordenadores. 

Pero había un problema: tiñamos dúas clases, dous guións e unha entrevista. Mais esta circunstancia non constituíu un problema, senón que nos permitiu mellorar o noso traballo. 

Nas instalacións da radio, ó tempo que nos poñiamos en situación diante do micrófono, conseguimos organizarnos para estruturar un programa coherente no que todas as locutoras tivesen o mesmo protagonismo. 

E o resultado foi moi bo, ou iso cremos. 




A ver se opiñades o mesmo cando o escoitedes!

Comentarios