SEMENTANDO EN 1º A

 

Facer e documentar.

Os cativos e cativas de 1º A están investigando como medran as plantas. Así que decidiron plantar semilleiros. 

Hai uns días a profe explicou o que ían facer. Lucas comentou: Non sei se me lembrarei de todo cando chegue o momento. E este comentario deu lugar a unha fermosa actividade. Por que non redactar unhas instrucións?

Así foi como un grupiño de cativas e cativas crearon un sinxelo titorial empregando a ferramenta Book Creator.
 Quedou precioso, verdade? Sen embargo, o produto non é o importante senón as moitas cousas que aprenderon con esta actividade
    • reforzaron os seus coñecementos de escritura
    • crearon un texto instrutivo
    • ordearon secuencias de accións
    • descargaron imaxes libres de dereitos
    • aprenderon a sacar fotos
    • traballaron a expresión oral
    • melloraron o uso da lingua galega
    • traballaron en equipo
É dicir, traballaron competencias moi variadas: lingüística, dixital, social e natural. 

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, se premedes na seguinte accederedes ó noso álbum de fotos. 



Comentarios

Unknown ha dicho que…
Estés peques son moi "pro"!
Parabens!