COCIÑAMOS CABACIÑAS RECHEAS


En 4º B. 

O derradeiro grupo de alumnado de 4º B que participou no Obradoiro de Cociña preparou cabaciñas recheas con puré de patacas. Un menú completamente vexetariano. 

CABACIÑA RECHEA

Estes son os ingredientes que empregamos:


O proceso que seguimos foi o seguinte: 

  1. Lavamos ben as cabaciñas. 
  2. Partímolas verticalmente pola metade. 
  3. Cunha culler vaciámolas con coidade, depositando a carne nun prato. 
  4. Picamos a carne da cabaciña. 
  5. Pelamos a cebola. Picámola. 
  6. Lavamos o pemento e o porro. Picámolos. 
  7. Pelamos a cenoria. Lavámola e picámola en pequenos trozos. 
  8. Nunha tixola botamos un pouco de aceite. 
  9. Engadimos todos os ingredientes. 
  10. Botamos sal e salsa de tomate, e deixámolo facer a fogo lento. 
  11. Mentres se fai o recheo botamos un pouco de aceite nunha fonte de forno, e colocamos as barcas da cabaciña. 
  12. Cando o recheo estea preparado, enchemos as barcas coa fritura. 
  13. Cubrimos as barcas con queixo raiado. 
  14. metemos a fonte no forno a 180º 50 minutos. 

PURÉ DE PATACAS

Para o puré de patacas precisamos os seguintes ingredientes


O proceso que seguimos foi o seguinte: 
  1. Pelamos as patacas e lavámolas
  2. Partímolas en anacos non moi grandes.
  3. Botámolas a cocer nunha ola con auga e sal. 
  4. Cando a pataca estea branda retirámola e pómola nun bol. 
  5. Esmagamos cun garfo. 
  6. Cando toda a pataca estea esmagada engadimos unha cullerada de margarina e un pouco de leite. 
  7. Mesturamos. 
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da sesión. 


Animádevos a replicalo na casa?

Comentarios